O corzo é unha especie de mamífero artiodáctilo da
familia Cervidae. É o cérvido de
menor tamaño da península ibérica. Ten un comportamento esquivo e con certos
aires misteriosos, que fan que sexa unha peza chamativa para os cazadores desta
especie cinexética. De este comportamento deriva o nome que vulgarmente se lle
dá como “o trasno do bosque”.
Ten como característica unha forte adaptabilidade a diversos
hábitats, podendo sobrevivir tanto en montes cunha vexetación espesa como en campos
a ceo aberto. É dos poucos cérvidos que poden vivir de maneira solitaria, aínda
que tamén recorren a ser gregarios para reducir o risco de ser sorprendidos por
depredadores, sobre todo en inverno. O corzo ten unha altura na cruz duns 75 centímetros
como máximo e un peso medio de 25 kilos. Os machos presentan pequenas cornamentas de
tres puntas que mudan cada ano a principios de inverno.
O pelaxe é pardo-roxizo
durante o verán, e grisáceo en inverno. Os sons que emiten son semellantes a
pequenos ladridos. Os seus hábitos son crepusculares, evitan o sol de día
agochándose na espesura lonxe de lugares habitados.
En canto á súa reprodución cabe destacar que é dos
poucos ungulados con implantación diferida. De maneira xeral, o parto sole vir no
mes de maio.
O maior problema do corzo en Galicia e en zonas
limítrofes é a presenza dunha enfermidade, en concreto da larva de Cephenemyia stumulator, un insecto voador da familia dos tabáns, que nas súas diferentes fases de
desenrolo aséntanse na farinxe e nas fosas nasais. Sendo esta enfermidade unha
parasitose denominada Miase. Pénsase que a orixe da expansión desta enfermidade
se deba á introdución irregular de corzos vivos na península.
Os exemplares mostrados foron fotografiados pola miña irmá Antía na nosa viaxe a Navarra, e correspóndense con dous corzos (o primeiro un exemplar xoven e o segundo unha femia adulta) criados en cautividade.


No hay comentarios:
Publicar un comentario