A pega marza ou “arrendajo” en castelán (Garrulus glandarius) é un ave da orde dos paseriformes pertencente
á familia Corvidae. Se saímos do entorno puramente urbano e
nos situamos no rural, preto dos montes galegos e de boa parte de Europa
podemos atopar unha especie eminentemente forestal, a pega marza.
A pesar de ser un córvido, como a pega rabilonga ou o corvo viaraz, non presenta a ton característica destes,
senón que o seu corpo está inmerso nunha densa plumaxe de cor ocre moi vistosa.
Pode acadar unha lonxitude á madurez duns 33-35 cm e unha envergadura de ata
uns 53-58 cm. Chama a atención a cor das coberteras alares, posto que están
provistas dun ton azul eléctrico mesturado con pequenas ringleiras negras. Un
groso bigote parte da comisura do peteiro.
Obispillo de cor branco.
Vive fundamentalmente en masas forestais sen decantarse polo tipo de
arborado dominante, pero si prefire zonas con presenza de claros e marxes de
zonas boscosas. Residente na península todo o ano exceptuando algúns casos de
migración de corta distancia no caso de deficiencia alimenticia na época
desfavorable. Unha alimentación baseada en insectos, animais de pequeno tamaño,
sementes e froitos. Importante papel ecolóxico que teñen estas aves, especialmente
polo soterramento de landras e outros froitos no outono, para alimentarse no inverno e na
primavera, que a veces se lle esquece o lugar onde foron agochadas e axudan así
a especies do xénero Quercus a
expandirse no territorio de xeito natural. Un reclamo ronco e áspero que
semella un “kraaac” en situacións de alarma. Gran imitador de diferentes sons
que nos levan a dubidar sobre a presenza doutros animais, dos que cabe destacar
a imitación do miñato común, do cal falei con anterioridade noutra entrada. O
período de cría vai de marzo a agosto, poñendo de 4 a 6 ovos de cor verdosa
olivácea con manchas castaño escuro. Polos altriciais.
Debido á súa
dependencia do medio forestal, supoñen unha ameaza para a especie a
deforestación e os incendios forestais.
Este exemplar de Garrulus glandarius foi fotografado nas marxes dunha masa
forestal mixta de Pinus pinaster, Quercus robur
e Castanea sativa mentres perfeccionaba o peinado das plumas.
A continuación
deixo o enlace da entrada do Miñato común por se queredes saber máis acerca
del:
https://falcon-arieira-falcon.blogspot.com/2017/03/minato-comun-buteo-buteo.html