O miñato común (Buteo
buteo), en castelán “ratonero común”, é unha ave de rapiña moi común en
Galicia e tamén no territorio peninsular. Xa que moitos coñeceredes ó miñato
común, vou a intentar ampliar o rango de coñecemento e polo tanto, entrar máis
en detalle con esta ave.
Algunhas das características que nos
permiten identificalo ó voo son o seu pescozo curto, ás anchas e cola
redondeada con moitas bandas finas e unha subterminal ancha. O voo batido é
relativamente lento e o voo de remonte soe describir círculos nos cales de vez en cando dan unha batida que lles fai ascender. En perfil
frontal aprécianse as ás en uve moi aberta. Son características as manchas
claras na cara inferior das ás.
Os exemplares xóvenes son semellantes ós adultos,
pero adoitan ter a cabeza máis clara, dorso e cobertores goteadas de claro e as
partes inferiores máis claras con estrías escuras. Na cola carecen de banda subterminal ancha. Teñen os ollos
grises, cera verdosa e patas amarelas.
A súa lonxitude oscila entre os 51 e os 57 cm., a
súa envergadura vai dende os 113 e os 128 cm. e o peso entre os 520 e os 1350
g.
Entre os seus hábitats predominan os montes con
claros, as devesas e os soutos fluviais. No inverno decántase máis por espazos
abertos que teñan algunha árbore onde pousarse. Na Península Ibérica é
sedentario, ó contrario que no resto de Europa.
A súa técnica de caza por excelencia é o asexo dende unha pola no borde dun bosque, dunha árbore desolada, dende un poste ou dende un hórreo como é o caso desta fotografía que vos adxunto.
Bibliografía empregada:
"Guía de las rapaces ibéricas", Cosme Morillo, Madrid 1984, Editor: Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza (ICONA).

No hay comentarios:
Publicar un comentario