Esta é a femia, que se ocultaba coas herbas. O macho atopábase perto dela pero cando o vin e o quixen retratar escapou. Atopeinos cerca de onde estaba a bubela da que falei anteriormente.
domingo, 27 de mayo de 2012
O cardeal
O cardeal (Pyrrhula pyrrhula) é un pequeno paxaro da familia dos frinxilidos. É un pequeno paxaro, duns 10 centímetros de longo, cun gran dimorfismo sexual: o macho ten a cabeza negra, o lombo gris intenso e un rechamante peito dun vermello intenso. Porén, a femia ten o peito algo claro, cun lombo e unha cabeza grises. Tanto o macho como a femia teñen unha fita branca nas ás.
Esta é a femia, que se ocultaba coas herbas. O macho atopábase perto dela pero cando o vin e o quixen retratar escapou. Atopeinos cerca de onde estaba a bubela da que falei anteriormente.
Esta é a femia, que se ocultaba coas herbas. O macho atopábase perto dela pero cando o vin e o quixen retratar escapou. Atopeinos cerca de onde estaba a bubela da que falei anteriormente.
O merlo
O merlo é a designación común da especie Turdus merula de aves passeriformes pertencentes á familia Turdidae.
Os merlos presentan forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro, e a gorxa e a parte superior do peito pardo. Os poliños teñen o ventre punteado. Esta ave europea paseriforme é omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29 cm.
Este macho fotografieimo nun dos xardíns á beira do embalse do Tambre.
A bubela
A bubela (Upupa epops), único representante da familia Upupidae, é unha ave co corpo do tamaño aproximado ó dun merlo. O seu bico longo e fino, a crista na cabeza e unha coloración característica fan dela unha ave de aspecto inconfundible. Miden de media 28 cm entre a punta do bico, longo e curvo, e a da cola. As alas teñen un debuxo característico de bandas brancas e negras. A crista da cabeza, que poden abrir pero adoitan levar recollida, mide uns 6 cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado ferruxento.

Estaba eu paseando por un camiño co meu pai cando topamos a esta fermosa bubela. Grazas a que estaba comendo deixouse fotografiar.
Estaba eu paseando por un camiño co meu pai cando topamos a esta fermosa bubela. Grazas a que estaba comendo deixouse fotografiar.
domingo, 22 de abril de 2012
A rá común
A rá común (Pelophylax perezi) é un anfibio anuro da familia Ranidae. É orixinaria da Península Ibérica.Ten 4 dedos nas extremidades anteriores e 5 nas posteriores, que están unidos por membranas interdixitales moi desenroladas.
No embalse do Tambre puiden atopar nunha pequena charca varios anuros. Entre os cales retratei a esta rá común.
jueves, 29 de marzo de 2012
O pardal común
O pardal común (Passer domesticus) é unha especie de ave paseriforme da familia dos pardais. Ainda que é orixinario de Eurasia e do Norte de África, atópase distribuido por todo o mundo. O pardal común pesa arredor dos 30 g e mide de 14 a 16 cm de longitude total (o macho sole ser algo máis grande que a femia). É de conformación robusta e ten as patas cortas. O seu peteiro é groso, forte e cónico. A plumaxe do lomo é pardo, con manchas negras e encarnadas.
Estes exemplares de pardal común atopeinos nunha aldea do concello de Valga.Pegadas do xabarín
Nun percorrido polas ribeiras do río Ulla co meu avó atopei varias pegadas do xabarín, mesmo provocando danos nas árbores.
Pseudotsuga empregada para afiar os canteiros superiores do xabarín.
Pegada dun xabarín
Bañadoiro do xabarín.
Polo río Sar
Andando pola beira do río Sar puiden atopar unha garza real e unha parexa de anátides.
Garza Real (Ardea Cinerea)
Parexa de anátidas (O da esquerda é o macho e a da dereita a femia)
miércoles, 28 de marzo de 2012
A rula portuguesa
A rula portuguesa (Streptopelia decaocto) é unha especie de ave columbiforme da famila Columbidae natural de Asia pero que foi avanzando por toda Europa, chegando á península Ibérica no ano 1960. Mide entre 28 e 33 cm, ten unha plumaxe sen manchas, os adultos son dun gris claro.
Estes exemplares atopeinos nunha aldea perto do río Ulla, onde esta especie se atopa en abundancia por toda-las aldeas do arredor.
martes, 31 de enero de 2012
O corvo mariño
No meu paso polo río Ulla, en concreto nunha das praias fluviais deste, atopeime con varios corvos mariños reais planeando por enriba da auga, río arriba. O corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) é unha especie de ave suliforme da familia Phalacrocoracidae que habita tanto en zonas costeiras como augas dulces do interior tales coma ríos, lagos, esteiros. Aniña en grande parte das costas do Océano Atlántico, sobre todo en Europa e Norteamérica.
En Galicia hai dous tipos de corvos mariños: Corvo mariño real e Corvo mariño moñudo (este segundo está protexido en Galicia). A maior colonia a nivel mundial do corvo mariño moñudo está nas illas Cíes.
En Galicia hai dous tipos de corvos mariños: Corvo mariño real e Corvo mariño moñudo (este segundo está protexido en Galicia). A maior colonia a nivel mundial do corvo mariño moñudo está nas illas Cíes.
lunes, 16 de enero de 2012
As cabras mallorquinas
A esta parexa de cabras maiorquinas fotografieinas eu tamén na miña viaxe a Palma de Mallorca. Estaban estarricadas á sombra no cabo Formentor. Esta é unha especie que se denomina doméstica ainda que esta parexa vivía en liberdade.
A cabra mallorquina (Capra aegagrus hircus) é un animal de complexión forte, de temperamento nervioso, sempre con cornos. Ten a capa castaño / encarnado con marcas complementarias de cor negro, situadas en rexions específicas do seu corpo, que a distinguen claramente das outras razas que se explotan en Mallorca.
Este é o habitat das cabras mallorquinas. Solen vivir perto dos acantilados e en zonas rochosas. Se ampliamos a imaxe poderemos apreciar tres cabras, entre elas unha nai e dúas crías, que se atopaban brincando no acantilado do cabo Formentor (Palma de Mallorca). Dende o miradoiro podíase apreciar os berros da nai e das crías, unhas chamando polas outras.
A garza real
NOME COMÚN: Garza Real
NOME CIENTÍFICO: Ardea
Cinerea
CLASE: Aves
FAMILIA: Ardeidae
DESCRICIÓN:
Ave
pelecaniforme. Ten unha media de 91 cm de altura cando está parada. Sobre 1,6
kg de peso. Presenta unha envergadura entre 1,65 m. a 2 m. A súa plumaxe é
maiormente gris arriba, e algo branco debaixo. Os adultos teñen a cabeza branca
cun copete negro superciliar e unha crista delgada, nos xuvenís toda a cabeza é
gris. Teñen un pico forte rosa-amarillento, brillante cando adultos. O seu voo é moi característico xa que é moi lento e o
seu pescozo forma unha ese, ademais leva as pernas estarricadas. Pode
confundirse coa cegoña, pero esta ten en voo as ás brancas e negras e van
rectas, mentres que a garza son grises e as ás van arqueadas formando
unha ponte.
ALIMENTACIÓN:
Peixes, réptiles, anfibios e insectos son a súa alimentación máis básica.
Cando caza está inmóbil totalmente, o peixe non detecta as patas da garza e o seu pico atravesa o peixe que
seguidamente o traga sempre da cabeza á cola.
REPRODUCIÓN:
Reproducción sexual. Son ovíparas. Cría entre marzo e maio, pon de 3
a 5 ovos e veñen ó mundo os pequenos ó cabo de 25-28 días. Os polos da garza
son moi agresivos e deféndense moi ben. Os niños fainos en árbores pero ás
veces, ocúltaos entre as canas e carrizos da beira do río. A nai pesca e, ó chegar ó niño fai unha regurxitación que os
poliños provocan cando introducen os seus picos no pico da nai. Cando xa é grande o polo incluso chega a sacar a
comida do boche da nai.
HÁBITAT:
Habita nas
lagoas, encoros, ríos e regatos. Esta
especie está estendida por Europa, Asia tépeda e incluso en partes do Norte
africano.
DISTRIBUCIÓN:
En Galicia en
concreto é moi abondosa en ríos e regatos coma en lagoas. Tamén se expande polo
norte de Portugal, Montes Cantábricos e nas vertentes dos Pirineos.
INTERESE
HUMANO:
Hai moito
interese polo ser humano. Xa se empezan a ver no alto das montañas, o que quere
dicir que xa non hai moito alimento na terra cha e teñen que ir buscalo
alimento a outro sitios. Ademais a especulación
e o momento en que vivimos fan que os humedais, lagoas, etc. vaian
desaparecendo.
ESTADO DE
CONSERVACIÓN:
Especie non
catalogada.
domingo, 15 de enero de 2012
A lagoa dos cisnes
Na miña viaxe a Palma de Maiorca este verán pasado, puiden atopar nunha fonte este exemplar de cisne común (Cygnus olor), tamén chamado cisne mudo, cisne branco ou cisne vulgar. É unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae propia do Hemisferio Norte.
Distinguese dos outros cisnes brancos por te-lo peteiro de cor amarelo anaranxado a encarnado. Os outros téñeno negro e amarelo. Tamén é o único cisne branco ó que lle crece unha carúncula negra sobre a base do peteiro.
Non hai dimorfismo sexual na plumaxe. Os machos son máis grandes, e a súa envergadura alar é de 2,4 metros. A carúncula negra sobre o peteiro desenrólase máis no macho que na femia.
O xabarín
NOME
COMÚN: Xabarín ou Porco Bravo
NOME
CIENTÍFICO: Sus Scrofa
CLASE: Mamíferos
FAMILIA: Suidae
DESCRICIÓN:
Mide entre 1,10 y
1,80 m. de lonxitude cun peso entre 50 e 180 kg. En altura en cruz ten un
metro. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias. A femia é
menos pesada e ten o fociño moi puntiagudo e dende logo distinto. O macho é moito máis grande ca femia, ten unha
gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración está entre negruzco e
ocre. Ten uns caninos (canteiros superiores) que son auténticas navallas e
ademais voltos cara arriba. Os caninos poden acadar os 20 cm. Compacto, macizo, bo oído, bo olfato e
vista mediocre. Ten todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes, que se
bifurcan na punta. As cerdas son de cor pardo escuro. O que se di unha pelaxe
mesta. No inverno a súa pel está recuberta dunha borra que logo perda. Ten os cuartos
dianteiros máis elevados.
ALIMENTACIÓN:
Omnívoro.
Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así
na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos,
etc. No verán sigue coas plantas, landras, millo, insectos. E no inverno, máis
castañas, landras, setas, e plantas silvestres. Tamén se alimenta de
carne e carroña. O xabarín come sobre todo pequenos animais, como ratas ou
coellos. De feito cálculase que un 14% da súa alimentación son de pequenos
animais que depreda.
LONXEVIDADE:
O xabarín pode vivir ata os 15 anos.
REPRODUCIÓN:
Reprodución
sexual. O celo vai dende o mes de novembro a xaneiro, con 4 o 5 meses de
preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa na primeira semana,
seguen á nai e son amamantados tres meses. As crías (rallóns) teñen unha
coloración co fondo grisáceo e aparecen unhas liñas parduzcas. Ós seis meses
cambian a pelaxe e toman un tono vermello (Bermejos). Logo cando son adultos denomínanse
verracos.
HÁBITAT:
Está presente na
maior parte dos montes galegos, perto de ríos e regatos aínda que non é un
mamífero ribereño gústalle revolcarse no fango e na lama (os cazadores, para
facerlle unha espera ó xabarín, botan gasolina no chan debido a que lle gusta
revolcarse nela para liberarse de parásitos). Sole atoparse en zonas sen arder,
montes caducifolios e áreas de mato alto, onde se desenvolve esplendidamente.
Son gregarios aínda que algún vive só. A piara sole estar composta da femia e
as súas crías (6-10 animais). A súa actividade é diúrna e nocturna. Durante a
noite poden percorrer entre 2 e 14 km. Durante o inverno fan o seu traballo
máis ben á luz do día.
DISTRIBUCIÓN:
É moi abondoso en
Galicia. Exténdese por todos os
montes da comunidade galega.
INTERESE HUMANO:
Na caza, ó
parecer, é a peza estrela. Considérase peza de caza maior. Nestes momentos a
caza deste animal vai a máis. Só se pode cazar en batidas ou ganchos. Antes a
súa pel era moi valiosa ó igual cá súa carne.
ESTADO DE
CONSERVACIÓN:
Especie non
catalogada.
sábado, 14 de enero de 2012
O raposo
NOME COMÚN: Raposo
NOME CIENTÍFICO: Vulpes vulpes
CLASE: Mamífero
FAMILIA: Canidae
DESCRIPCIÓN:
Pode acadar os
70cm de longo e deses 70cm, 40cm mídeos a súa cola. A súa altura media é de
35cm. O seu peso medio está entre os 7kg, o seu peso máximo é de 12kg. O raposo común xeralmente é de cor encarnado, entre tons pardos e grises,
coa punta das orellas e os extremos das patas negros, cunha cola poboada cuxa
punta é branca, como o é o seu ventre. Os ollos son oblicuos.
ALIMENTACIÓN:
O raposo dise que é carnívoro aínda que tamén se declina por baias e outro tipo de froitas. Dentro da carne,
depreda galiñas, ovos, coellos, ratos, ratas, insectos, pequenos anfibios,
pequenos réptiles, aves e algún peixe. Sábese que pode chegar a matar algún
pequeno corzo.
LONXEVIDADE:
O raposo pode chegar a vivir de 10 a 14 anos.
REPRODUCIÓN:
Reprodución
sexual. Os raposos teñen unha soa camada ó ano. O celo comeza no inverno, os
berros perduran dende decembro ata febreiro. O normal é a parella inda que un
raposo pode atender a dúas femias. A xestación dura 53 días aproximadamente e a
camada oscila entre 3 e 7 raposiños. Os
raposiños nacen cegos e xordos e están cubertos dunha pelaxe pardo-grisácea que
á quinta semana convértese en encarnada. A familia emancípase no outono.
HÁBITAT:
Presente en todo tipo de terreos. Debido á escaseza dos seus
depredadores, lobos hai poucos e o lince non existe, o raposo campa
por tódolos lugares de Galicia. A súa tobeira é moi profunda, sempre escavada en ladeiras orientadas ó sur.
O solo é sempre areoso. Xunto as tobeiras abundan restos de animais e por
suposto as pisadas típicas. As tobeiras ou cubís son moi típicas, como
corresponde a un animal que o verse perseguido require saír por varios lugares.
DISTRIBUCIÓN:
Son moi abondosos en todo o país. En Galicia abondan
en toda a comunidade exceptuando nas illas.
INTERESE
HUMANO:
En moitos lugares
a súa caza débese debido a que acaban coas perdices e outras pezas de caza.
Tamén, antes, cazábase pola súa valiosa pel.
ESTADO DE
CONSERVACIÓN:
Especie non
catalogada.
jueves, 12 de enero de 2012
O lobo ibérico
NOME COMÚN: Lobo Ibérico
NOME CIENTÍFICO: Canis lupus
subsp. signatus
CLASE: Mamíferos
FAMILIA: Canidae
DESCRICIÓN:
Ten un tamaño semellante a un can pastor alemán, aínda que lixeiramente
menor. De longo miden entre 1,30 e 1.80 m os machos e entre 1,30 e 1,60 m as
femias. De altura poden acadar os 70 cm. Diferénciase dun can pola súa cabeza
grande e arrondada, maseteres moi desenvolvidos, dentes caninos que sobresaen
5cm da enxiva, ollos oblicuos de cor dourada ou ámbar, unhas orellas máis
curtas e un pescozo máis robusto. Son características desta especie as manchas
brancas das meixelas, chamadas "bigoteiras", a liña escura das patas
anteriores que ás veces chega ata o peito, ademais dunha pelaxe longa e escura na
cola, no pescozo e no lombo.
ALIMENTACIÓN:
Carnívoro. Na península Ibérica a dieta do lobo é moi diversa e varía nas
diferentes rexións, aínda que existe un denominador común: depende claramente
do gando doméstico e dos ungulados silvestres, especialmente do corzo e do
xabaril. Na metade occidental de Galicia, unha zona cunha alta densidade de
poboación, rexistrouse que o lobo acode moito a restos de galiñeiros e de
granxas de porcos, así como a gando en xeral. Para atopar suficientes presas,
os lobos xóvenes teñen que abandoar a
camada e conquistar novos territorios. Os lobos inxiren de 2 a 5 kilos de carne
ó día, aínda que varía dependendo do lobo, pero pasan xornadas completas en completo xaxún.
PESO:
De 30 a 50 kg os
machos e de 20 a 35 kg as femias.
LONXEVIDADE:
15 anos como máximo.
REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. Nos grupos estables, normalmente só copula a parella
dominante, polo que só se produce unha camada por manada. Na Península Ibérica,
o período de celo ten lugar entre finais de xaneiro e principios de abril, e tras 73 días de xestación
prodúcense os partos, os cales teñen unha media de 5 a 8 crías (lobetos).
HÁBITAT:
Aínda que é unha especie xeralista, o seu hábitat óptimo debe presentar
unha densa cobertura vexetal (por exemplo breixeira alta) e escasa densidade de
poboación humana, ademais de densas poboacións das súas presas potenciais
preferidas (xabaril, corzo) e a presenza de gando doméstico. Ó contrario do que
sucede noutros lugares de España, en Galicia vive en medios cunha alta
densidade de poboación humana.
DISTRIBUCIÓN:
Distribúese de forma continua pola maior parte de Galicia, a porción
meridional de Asturias e Cantabria, a metade setentrional de Castela e León e
algunhas zonas da Rioxa e do País Vasco. En Portugal hai lobos no extremo
nororiental do país, sobre todo xunto á fronteira española. En Galicia viven na
actualidade a quinta parte dos lobos ibéricos. A distribución da especie na
maior parte do noso territorio autonómico é continua, non detectándose
fenómenos de fragmentación. A poboación galega de lobo ibérico está conectada
co resto da poboación ibérica (Zamora, León, Asturias e norte de Portugal).
INTERESE HUMANO:
Trátase dunha das especies máis emblemáticas da cultura galega; non só deu
orixe a numerosas lendas, senón que a súa constante presenza decidiu o nome de
moitas localidades: Lobios, Serra da Loba, Lobeiro ou Lobelos son algúns
exemplos de topónimos "lobeiros" cuxa orixe se remonta en moitos
casos á época medieval. Ademais, o lobo constitúe un importante baluarte no
equilibro dos ecosistemas naturais, ao ser unha especie situada no alto da
cadea trófica.
ESTADO DE CONSERVACIÓN:
Especie vulnerable.
miércoles, 11 de enero de 2012
O teixugo
NOME COMÚN: Teixugo ou Porco Teixo
NOME CIENTÍFICO: Meles
meles
CLASE: Mamífero
FAMILIA: Mustelidae
DESCRIPCIÓN:
É un mamífero
placentario. Mide entre 60-90 cm de largo. Un peso entre 7 e 13 kg. A
cola mide entre 12 e 16 cm de longo. Na
cabeza ten franxas brancas e negras. As orellas
teñen rebordes brancos, as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado.
As patas dianteiras teñen uñas moi largas que lle serven para escavar. É
plantígrado
.
ALIMENTACIÓN:
É omnívoro. Come animais como: caracois, rás, pequenos mamíferos, carroña,
raíces, bulbos, froita, insectos, miñocas, mel, sementes, millo, froitos secos,
etc.
LONXEVIDADE:
O teixugo pode
vivir ata os doce anos.
REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. O celo abrangue dende febreiro ata outubro, pero sobre
todo os meses de marzo , abril e maio. A preñez é un tanto variable, sobre 60
días. A femia trae ó mundo entre 1 e 5 conxéneres. Son crías desnudas e cegas
con pelaxe albina. Abren os seus ollos
ós 30 días de naceren. Son amamantadas ata os 3 meses.
HÁBITAT:
Habita en bosques de fronda e mixtos. Defeca sempre nos mesmos
lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Escava
numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia. A súa madriguera
ou tobeira ten moitas partes: cámara principal, cámara secundaria, condutos de
ventilación, condutos de emerxencia, letrinas, literas ou cama, etc. Toma
parexa para toda a vida e hiberna. Habita na maior parte dos montes galegos.
Abrangue un diámetro de 4 kms arredor da súa madrigueira.
DISTRIBUCIÓN:
É moi abondoso en
Galicia. Exténdese por todos os montes da comunidade galega.
INTERESE HUMANO:
É cazado pola súa pel e pola súa carne que se di que curaba enfermidades e
que libraba do frío pola graxa que contiña.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


















