NOME
CIENTÍFICO: Sus Scrofa
CLASE: Mamíferos
FAMILIA: Suidae
DESCRICIÓN:
Mide entre 1,10 y
1,80 m. de lonxitude cun peso entre 50 e 180 kg. En altura en cruz ten un
metro. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias. A femia é
menos pesada e ten o fociño moi puntiagudo e dende logo distinto. O macho é moito máis grande ca femia, ten unha
gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración está entre negruzco e
ocre. Ten uns caninos (canteiros superiores) que son auténticas navallas e
ademais voltos cara arriba. Os caninos poden acadar os 20 cm. Compacto, macizo, bo oído, bo olfato e
vista mediocre. Ten todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes, que se
bifurcan na punta. As cerdas son de cor pardo escuro. O que se di unha pelaxe
mesta. No inverno a súa pel está recuberta dunha borra que logo perda. Ten os cuartos
dianteiros máis elevados.
ALIMENTACIÓN:
Omnívoro.
Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así
na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos,
etc. No verán sigue coas plantas, landras, millo, insectos. E no inverno, máis
castañas, landras, setas, e plantas silvestres. Tamén se alimenta de
carne e carroña. O xabarín come sobre todo pequenos animais, como ratas ou
coellos. De feito cálculase que un 14% da súa alimentación son de pequenos
animais que depreda.
LONXEVIDADE:
O xabarín pode vivir ata os 15 anos.
REPRODUCIÓN:
Reprodución
sexual. O celo vai dende o mes de novembro a xaneiro, con 4 o 5 meses de
preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa na primeira semana,
seguen á nai e son amamantados tres meses. As crías (rallóns) teñen unha
coloración co fondo grisáceo e aparecen unhas liñas parduzcas. Ós seis meses
cambian a pelaxe e toman un tono vermello (Bermejos). Logo cando son adultos denomínanse
verracos.
HÁBITAT:
Está presente na
maior parte dos montes galegos, perto de ríos e regatos aínda que non é un
mamífero ribereño gústalle revolcarse no fango e na lama (os cazadores, para
facerlle unha espera ó xabarín, botan gasolina no chan debido a que lle gusta
revolcarse nela para liberarse de parásitos). Sole atoparse en zonas sen arder,
montes caducifolios e áreas de mato alto, onde se desenvolve esplendidamente.
Son gregarios aínda que algún vive só. A piara sole estar composta da femia e
as súas crías (6-10 animais). A súa actividade é diúrna e nocturna. Durante a
noite poden percorrer entre 2 e 14 km. Durante o inverno fan o seu traballo
máis ben á luz do día.
DISTRIBUCIÓN:
É moi abondoso en
Galicia. Exténdese por todos os
montes da comunidade galega.
INTERESE HUMANO:
Na caza, ó
parecer, é a peza estrela. Considérase peza de caza maior. Nestes momentos a
caza deste animal vai a máis. Só se pode cazar en batidas ou ganchos. Antes a
súa pel era moi valiosa ó igual cá súa carne.
ESTADO DE
CONSERVACIÓN:
Especie non
catalogada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario