martes, 31 de enero de 2012

O corvo mariño

No meu paso polo río Ulla, en concreto nunha das praias fluviais deste, atopeime con varios corvos mariños reais planeando por enriba da auga, río arriba. O corvo mariño real (Phalacrocorax carbo) é unha especie de ave suliforme da familia Phalacrocoracidae que habita tanto en zonas costeiras como augas dulces do interior tales coma ríos, lagos, esteirosAniña en grande parte das costas do Océano Atlántico, sobre todo en Europa e Norteamérica

En Galicia hai dous tipos de corvos mariños: Corvo mariño real e Corvo mariño moñudo (este segundo está protexido en Galicia). A maior colonia a nivel mundial do corvo mariño moñudo está nas illas Cíes.




Estaba eu sentado nun cruceiro que había na beira do río Ulla cando empezaron a pasar varios corvos mariños. Debido a que estaban en pleno vo, e era difícil collelos en movemento, só puiden aproveitar estas dúas fotos.



lunes, 16 de enero de 2012

As cabras mallorquinas

A esta parexa de cabras maiorquinas fotografieinas eu tamén na miña viaxe a Palma de Mallorca. Estaban estarricadas á sombra no cabo Formentor. Esta é unha especie que se denomina doméstica ainda que esta parexa vivía en liberdade.
cabra mallorquina (Capra aegagrus hircus) é un animal de complexión forte, de temperamento nervioso, sempre con cornos. Ten a capa castaño / encarnado con marcas complementarias de cor negro, situadas en rexions específicas do seu corpo, que a distinguen claramente das outras razas que se explotan en Mallorca.





Este é o habitat das cabras mallorquinas. Solen vivir perto dos acantilados e en zonas rochosas. Se ampliamos a imaxe poderemos apreciar tres cabras, entre elas unha nai e dúas crías, que se atopaban brincando no acantilado do cabo Formentor (Palma de Mallorca). Dende o miradoiro podíase apreciar os berros da nai e das crías, unhas chamando polas outras.


Foto ampliada.





Os puntos destacados son tres cabras.  Aínda que non o pareza é a mesma fotografía que a de arriba pero ampliada e modificada. Xa que a cámara non tiña máis zoom tiven que destacalo dalgún xeito..

A garza real

NOME COMÚN:            Garza Real
NOME CIENTÍFICO: Ardea Cinerea
CLASE:                                  Aves
FAMILIA:                               Ardeidae




DESCRICIÓN:
Ave pelecaniforme. Ten unha media de 91 cm de altura cando está parada. Sobre 1,6 kg de peso. Presenta unha envergadura entre 1,65 m. a 2 m. A súa plumaxe é maiormente gris arriba, e algo branco debaixo. Os adultos teñen a cabeza branca cun copete negro superciliar e unha crista delgada, nos xuvenís toda a cabeza é gris. Teñen un pico forte rosa-amarillento, brillante cando adultos. O seu voo é moi característico xa que é moi lento e o seu pescozo forma unha ese, ademais leva as pernas estarricadas. Pode confundirse coa cegoña, pero esta ten en voo as ás brancas e negras e van rectas,  mentres que a garza son grises e as ás van arqueadas formando unha ponte.

ALIMENTACIÓN:
Peixes, réptiles, anfibios e insectos son a súa alimentación máis básica. Cando caza está inmóbil totalmente, o peixe non detecta as patas da garza e o seu pico atravesa o peixe que seguidamente o traga sempre da cabeza á cola.

REPRODUCIÓN:
Reproducción sexual. Son ovíparas. Cría entre marzo e maio, pon de 3 a 5 ovos e veñen ó mundo os pequenos ó cabo de 25-28 días. Os polos da garza son moi agresivos e deféndense moi ben. Os niños fainos en árbores pero ás veces, ocúltaos entre as canas e carrizos da beira do río. A nai pesca e,  ó chegar ó niño fai unha regurxitación que os poliños provocan cando introducen os seus picos no pico da nai. Cando xa é grande o polo incluso chega a sacar a comida do boche da nai.

HÁBITAT:
Habita nas lagoas,  encoros, ríos e regatos. Esta especie está estendida por Europa, Asia tépeda e incluso en partes do Norte africano.

DISTRIBUCIÓN:
En Galicia en concreto é moi abondosa en ríos e regatos coma en lagoas. Tamén se expande polo norte de Portugal, Montes Cantábricos e nas vertentes dos Pirineos.

INTERESE HUMANO:
Hai moito interese polo ser humano. Xa se empezan a ver no alto das montañas, o que quere dicir que xa non hai moito alimento na terra cha e teñen que ir buscalo alimento a outro sitios. Ademais a especulación e o momento en que vivimos fan que os humedais, lagoas, etc. vaian desaparecendo.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:
Especie non catalogada. 




domingo, 15 de enero de 2012

A lagoa dos cisnes

 Na miña viaxe a Palma de Maiorca este verán pasado, puiden atopar nunha fonte este exemplar de cisne común (Cygnus olor), tamén chamado cisne mudo, cisne branco ou cisne vulgar. É unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae propia do Hemisferio Norte.


Distinguese dos outros cisnes brancos por te-lo peteiro de cor amarelo anaranxado a encarnado. Os outros téñeno negro e amarelo. Tamén é o único cisne branco ó que lle crece unha carúncula negra sobre a base do peteiro.
Non hai dimorfismo sexual na plumaxe. Os machos son máis grandes, e a súa envergadura alar é de 2,4 metros. A carúncula negra sobre o peteiro desenrólase máis no macho que na femia.

O xabarín

NOME COMÚN:          Xabarín ou Porco Bravo 
NOME CIENTÍFICO:    Sus  Scrofa
CLASE:                    Mamíferos
FAMILIA:                 Suidae


DESCRICIÓN:
Mide entre 1,10 y 1,80 m. de lonxitude cun peso entre 50 e 180 kg. En altura en cruz ten un metro. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias. A femia é menos pesada e ten o fociño moi puntiagudo e dende logo distinto. O macho é moito máis grande ca femia, ten unha gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración está entre negruzco e ocre. Ten uns caninos (canteiros superiores) que son auténticas navallas e ademais voltos cara arriba. Os caninos poden acadar os 20 cm. Compacto, macizo, bo oído, bo olfato e vista mediocre. Ten todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes, que se bifurcan na punta. As cerdas son de cor pardo escuro. O que se di unha pelaxe mesta. No inverno a súa pel está recuberta dunha borra que logo perda. Ten os cuartos dianteiros máis elevados.

ALIMENTACIÓN:
Omnívoro. Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos, etc. No verán sigue coas plantas, landras, millo, insectos. E no inverno, máis castañas,  landras, setas, e plantas silvestres. Tamén se alimenta de carne e carroña. O xabarín come sobre todo pequenos animais, como ratas ou coellos. De feito cálculase que un 14% da súa alimentación son de pequenos animais que depreda.

LONXEVIDADE:
O xabarín pode vivir ata os 15 anos.

REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. O celo vai dende o mes de  novembro a xaneiro, con 4 o 5 meses de preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa na primeira semana, seguen á nai e son amamantados tres meses. As crías (rallóns) teñen unha coloración co fondo grisáceo e aparecen unhas liñas parduzcas. Ós seis meses cambian a pelaxe e toman un tono vermello (Bermejos). Logo cando son adultos denomínanse verracos.

HÁBITAT:
Está presente na maior parte dos montes galegos, perto de ríos e regatos aínda que non é un mamífero ribereño gústalle revolcarse no fango e na lama (os cazadores, para facerlle unha espera ó xabarín, botan gasolina no chan debido a que lle gusta revolcarse nela para liberarse de parásitos). Sole atoparse en zonas sen arder, montes caducifolios e áreas de mato alto, onde se desenvolve esplendidamente. Son gregarios aínda que algún vive só. A piara sole estar composta da femia e as súas crías (6-10 animais). A súa actividade é diúrna e nocturna. Durante a noite poden percorrer entre 2 e 14 km. Durante o inverno fan o seu traballo máis ben á luz do día.

DISTRIBUCIÓN:
É moi abondoso en Galicia.  Exténdese por todos os montes da comunidade galega.

INTERESE HUMANO:
Na caza, ó parecer, é a peza estrela. Considérase peza de caza maior. Nestes momentos a caza deste animal vai a máis. Só se pode cazar en batidas ou ganchos. Antes a súa pel era moi valiosa ó igual cá súa carne.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:
Especie non catalogada. 



sábado, 14 de enero de 2012

O raposo

NOME COMÚN:     Raposo
NOME CIENTÍFICO: Vulpes vulpes
CLASE:             Mamífero
FAMILIA:           Canidae




DESCRIPCIÓN:        
Pode acadar os 70cm de longo e deses 70cm, 40cm mídeos a súa cola. A súa altura media é de 35cm. O seu peso medio está entre os 7kg, o seu peso máximo é de 12kg. O raposo común xeralmente é de cor encarnado, entre tons pardos e grises, coa punta das orellas e os extremos das patas negros, cunha cola poboada cuxa punta é branca, como o é o seu ventre. Os ollos son oblicuos.

ALIMENTACIÓN:
O raposo dise que é carnívoro aínda que tamén se declina por baias  e outro tipo de froitas. Dentro da carne, depreda galiñas, ovos, coellos, ratos, ratas, insectos, pequenos anfibios, pequenos réptiles, aves e algún peixe. Sábese que pode chegar a matar algún pequeno corzo.

LONXEVIDADE:
O raposo pode chegar a vivir de 10 a 14 anos.

REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. Os raposos teñen unha soa camada ó ano. O celo comeza no inverno, os berros perduran dende decembro ata febreiro. O normal é a parella inda que un raposo pode atender a dúas femias. A xestación dura 53 días aproximadamente e a camada oscila entre 3 e 7 raposiños. Os raposiños nacen cegos e xordos e están cubertos dunha pelaxe pardo-grisácea que á quinta semana convértese en encarnada. A familia emancípase no outono.

HÁBITAT:
Presente en todo tipo de terreos. Debido á escaseza dos seus depredadores, lobos hai poucos  e o lince non existe, o raposo campa por tódolos lugares de Galicia. A súa tobeira é moi profunda, sempre escavada en ladeiras orientadas ó sur. O solo é sempre areoso. Xunto as tobeiras abundan restos de animais e por suposto as pisadas típicas. As tobeiras ou cubís son moi típicas, como corresponde a un animal que o verse perseguido require saír por varios lugares.

DISTRIBUCIÓN:
Son moi  abondosos en todo o país. En Galicia abondan en toda a comunidade exceptuando nas illas.

INTERESE HUMANO:
En moitos lugares a súa caza débese debido a que acaban coas perdices e outras pezas de caza. Tamén, antes, cazábase pola súa valiosa pel.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:
Especie non catalogada. 



jueves, 12 de enero de 2012

O lobo ibérico

NOME COMÚN:       Lobo Ibérico       
NOME CIENTÍFICO: Canis lupus subsp. signatus
CLASE:                   Mamíferos
FAMILIA:                  Canidae


DESCRICIÓN:
Ten un tamaño semellante a un can pastor alemán, aínda que lixeiramente menor. De longo miden entre 1,30 e 1.80 m os machos e entre 1,30 e 1,60 m as femias. De altura poden acadar os 70 cm. Diferénciase dun can pola súa cabeza grande e arrondada, maseteres moi desenvolvidos, dentes caninos que sobresaen 5cm da enxiva, ollos oblicuos de cor dourada ou ámbar, unhas orellas máis curtas e un pescozo máis robusto. Son características desta especie as manchas brancas das meixelas, chamadas "bigoteiras", a liña escura das patas anteriores que ás veces chega ata o peito, ademais dunha pelaxe longa e escura na cola, no pescozo e no lombo.

ALIMENTACIÓN:
Carnívoro. Na península Ibérica a dieta do lobo é moi diversa e varía nas diferentes rexións, aínda que existe un denominador común: depende claramente do gando doméstico e dos ungulados silvestres, especialmente do corzo e do xabaril. Na metade occidental de Galicia, unha zona cunha alta densidade de poboación, rexistrouse que o lobo acode moito a restos de galiñeiros e de granxas de porcos, así como a gando en xeral. Para atopar suficientes presas, os lobos xóvenes teñen que abandoar  a camada e conquistar novos territorios. Os lobos inxiren de 2 a 5 kilos de carne ó día, aínda que varía dependendo do lobo, pero pasan xornadas completas en completo xaxún.

PESO:
De 30 a 50 kg os machos e de 20 a 35 kg as femias.

LONXEVIDADE:
15 anos como máximo.

REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. Nos grupos estables, normalmente só copula a parella dominante, polo que só se produce unha camada por manada. Na Península Ibérica, o período de celo ten lugar entre finais de xaneiro e principios  de abril, e tras 73 días de xestación prodúcense os partos, os cales teñen unha media de 5 a 8 crías (lobetos).

HÁBITAT:
Aínda que é unha especie xeralista, o seu hábitat óptimo debe presentar unha densa cobertura vexetal (por exemplo breixeira alta) e escasa densidade de poboación humana, ademais de densas poboacións das súas presas potenciais preferidas (xabaril, corzo) e a presenza de gando doméstico. Ó contrario do que sucede noutros lugares de España, en Galicia vive en medios cunha alta densidade de poboación humana.

DISTRIBUCIÓN:
Distribúese de forma continua pola maior parte de Galicia, a porción meridional de Asturias e Cantabria, a metade setentrional de Castela e León e algunhas zonas da Rioxa e do País Vasco. En Portugal hai lobos no extremo nororiental do país, sobre todo xunto á fronteira española. En Galicia viven na actualidade a quinta parte dos lobos ibéricos. A distribución da especie na maior parte do noso territorio autonómico é continua, non detectándose fenómenos de fragmentación. A poboación galega de lobo ibérico está conectada co resto da poboación ibérica (Zamora, León, Asturias e norte de Portugal).

INTERESE HUMANO:
Trátase dunha das especies máis emblemáticas da cultura galega; non só deu orixe a numerosas lendas, senón que a súa constante presenza decidiu o nome de moitas localidades: Lobios, Serra da Loba, Lobeiro ou Lobelos son algúns exemplos de topónimos "lobeiros" cuxa orixe se remonta en moitos casos á época medieval. Ademais, o lobo constitúe un importante baluarte no equilibro dos ecosistemas naturais, ao ser unha especie situada no alto da cadea trófica.

ESTADO DE CONSERVACIÓN:
Especie vulnerable.
                                  

miércoles, 11 de enero de 2012

O teixugo

NOME COMÚN:     Teixugo ou Porco Teixo
NOME CIENTÍFICO: Meles meles
CLASE:             Mamífero
FAMILIA:           Mustelidae



DESCRIPCIÓN:
É un mamífero placentario. Mide entre 60-90 cm de largo.  Un peso entre 7 e 13 kg. A cola mide entre 12 e 16 cm de longo. Na cabeza ten franxas brancas e negras. As orellas teñen rebordes brancos, as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. As patas dianteiras teñen uñas moi largas que lle serven para escavar. É plantígrado

.
ALIMENTACIÓN:
É omnívoro. Come animais como: caracois, rás, pequenos mamíferos, carroña, raíces, bulbos, froita, insectos, miñocas, mel, sementes, millo, froitos secos, etc.

LONXEVIDADE:
O teixugo pode vivir ata os doce anos.

REPRODUCIÓN:
Reprodución sexual. O celo abrangue dende febreiro ata outubro, pero sobre todo os meses de marzo , abril e maio. A preñez é un tanto variable, sobre 60 días. A femia trae ó mundo entre 1 e 5 conxéneres. Son crías desnudas e cegas con pelaxe albina. Abren os seus  ollos ós 30 días de naceren. Son amamantadas ata os 3 meses.

HÁBITAT:
Habita en bosques de fronda e mixtos. Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Escava numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia. A súa madriguera ou tobeira ten moitas partes: cámara principal, cámara secundaria, condutos de ventilación, condutos de emerxencia, letrinas, literas ou cama, etc. Toma parexa para toda a vida e hiberna. Habita na maior parte dos montes galegos. Abrangue un diámetro de 4 kms arredor da súa madrigueira.

DISTRIBUCIÓN:
É moi abondoso en Galicia.  Exténdese por todos os montes da comunidade galega.

INTERESE HUMANO:
É cazado pola súa pel e pola súa carne que se di que curaba enfermidades e que libraba do frío pola graxa que contiña.