O peto real ou peto verdeal (Picus viridis) é un ave da familia Picidae moi común na contorna
galega cuxa identificación é case inconfundible debido ás fermosas cores que o
empluman.
Son aves que poden achegarse ós 32 cm xunto cunha
envergadura que anda preto dos 40 cm. A súa cor verdosa dominante dende a
rabadilla até a noca remata nun píleo encarnado moi chamativo. O macho tamén
presenta uns bigotes encarnados baixo o pico que os diferencian da femia cuxo
bigote é negro. Ambos sexos posúen un ton negruzco arredor dos ollos. Pola cara
ventral o verde aclaréase até o verde esbrancuxado. Ó voo podemos apreciar tamén
un obispillo verde amarelento. Destacar tamén as súas fortes ás rectrices, que
grazas ó endurecemento que sufriu o raquis das plumas apórtalles un mellor
apoio á hora de pousarse nos pinos. Para
esta función tamén modificaron as súas extremidades posteriores posto que
retrasaron un dos dedos para axuntalos coa chave e poder acadar unha mellor
fixación ás árbores nas cales atopan o seu alimento baixo o ritidoma.
![]() |
| Detalle das plumas rectrices. |
![]() |
| Observación da modificación dactilar. |
O período de cría establécese de abril a agosto. Poñendo de 5 a 8 ovos brancos e sacando xeralmente un só polo adiante.
![]() |
| Furados un castiñeiro da Serra do Courel. |
A súa vida desenrólase no campo e en bosques ben
iluminados, chegando tamén a zonas suburbanas. Son característicos os furadiños
que esta ave fai na madeira, aínda que esta especie non é das máis
traballadoras nas árbores, xa que pasa a maior parte do tempo no chan onde se
alimenta de formigas, fai furados e levanta pedras e musgos. Uns reclamos moi
similares a unhas gargalladas nun ton bastante agudo son comúns en todo territorio
no cal esta especie sexa residente. Tamén o petar na madeira se deixa soar nos
vales cando o peto real anda na busca do xantar.
As fotografías que aquí se mostran foron sacadas por
min nunha das miñas saídas ó campo, na cal tiven o pracer de poder observar
este macho de peto real pousado nun pino. As imaxes de petos disecados foron
sacadas tamén por min no laboratorio de prácticas de zooloxía. Os furados fotografiados localízanse na Serra do Courel en castiñeiros.





No hay comentarios:
Publicar un comentario